Legalidade dixital

Unha web legal, o que debes saber á hora de lanzar a túa páxina

  • Nivel: medio
  • 22 de abril de 2020
  • De 20h a 21h
  • Libre e en directo
  • En directo por YouTube Live (acceso desde aquí)

De que imos falar?

Nova tanda de seminarios online de EscolaWP onde imos aprender todos os aspectos básicos que debemos ter en conta á hora de lanzar a nosa páxina web con WordPress.

Desta volta, na quinta edición por quinto mércores consecutivo, falaremos dos distintos aspectos legais que toda persoa ten que ter en conta se decide ter a súa propia páxina web, xa sexa unha web puramente persoal (portfolio) ou se é unha ecommerce:

  • Textos legais: aviso legal/condicións de venta; política de cookies e política de privacidade.
  • Propiedade intelectual relacionada co diseño web: logos, imaxes, vídeos… en xeral todo contido que poida ser susceptible de ser protexido pola propiedade intelectual.
  • Recomendacións sobre o contido ou cláusulas a incluir nun contrato de desenvolvemento web, tanto desde o punto de vista dun profesional como desde o punto de vista do cliente.

Para repasar todos estes temas temos connosco a José Manuel Sendín (@kuartillo), avogado especializado en dereito das novas tecnoloxías e membro do despacho Sistemius.

Poderás seguir o taller a partir das 20h do próximo mércores 22 de abril desde a seguinte ligazón: https://i.gal/talleronline

Quen é o poñente?

Quen é o poñente?