Ante a crise sanitaria que estamos a pasar cómpre máis que nunca extremar as precaucións e os coidados. Por iso, nun exercicio de responsabilidade, todas as persoas que podamos facelo, debemos ficar na casa o maior tempo posible.
Pero iso non significa que o mundo deixe de moverse, e internet é un medio magnífico para seguir en contacto co mundo e superar o aillamento físico.
Nas últimas dúas semanas de febreiro e nas dúas primeiras de marzo, desde EscolaWP levamos adiante unha serie de seminarios presenciais na Coruña para achegar o mundo WordPress e Web a quen quixo achegarse a el.
Para non perder o contacto e o costume, repetindo o mércores como día referente para a nosa Escola, organizamos un taller online en directo por medio de YouTube Live onde nos achegaremos de xeito práctico a WordPress.
- O panel de administración dun WordPress recén instalado.
- As configuracións que debes facer si ou si.
- Instalando o tema e os plugins básicos.
- Creación de entradas e do blog.
- Creación e deseño de páxinas.
- Últimos axustes antes da publicación.
Poderás entrar a partir das 20h do vindeiro día 25 de marzo desde a seguinte ligazón: https://i.gal/talleronline
