Taller online · O teu primeiro WordPress

Cales son os plugins básicos para que todo funcione?

  • Nivel: iniciación
  • 8 de abril de 2020
  • De 20h a 21h
  • Libre e en directo
  • En directo por YouTube Live (acceso desde aquí)

De que imos falar?

Nova entrega dun taller online de EscolaWP inserido na serie de como montar o teu primeiro WordPress sen gastar apenas un euro.

Logo de realizar un primeiro onde falamos de como instalar, administrar e configurar o teu primeiro WordPress e dun segundo onde aprendimos a como instalar e personalizar o tema da túa web, nesta terceira entrega presentámoste todo o que necesitas saber sobre os plugins:

  1. Que é un plugin.
  2. Como elixir e instalar os plugins.
  3. Que plugins deberías instalar en todas as túas webs.
  4. Configuracións básicas.

Desta volta temos connosco a Pablo Roca, resposable da Axencia de Marketing Dixital Juicer Márketing.

Poderás seguir o taller a partir das 20h do próximo día 8 de abril desde a seguinte ligazón: https://i.gal/talleronline.

Quen é o poñente?

Quen é o poñente?