Taller online · O teu primeiro WordPress

Aprende a instalar e personalizar o tema da túa web

  • Nivel: iniciación
  • 1 de abril de 2020
  • De 20h a 21h
  • Libre e en directo
  • En directo por YouTube Live (acceso desde aquí)

De que imos falar?

Desde EscolaWP queremos seguir impulsando iniciativas formativas online mentres dure un illamento provocado pola crise sanitaria que estamos a pasar. Cremos que hai que seguir en contacto, creando comunidade e compartindo o noso tempo co resto.

Ante a boa acollida que tivo o noso último seminaro online, onde falamos de como instalar, administrar e configurar o teu primeiro WordPress, volvemos á carga con máis seminarios a realizar os mércores das próximas semanas.

Todos eles seguen un fío conector que ten como obxectivo mostrar os conceptos básicos de como montar unha páxina web con WordPress sen deixarse apenas un euro.

Neste segundo taller online da serie, a cargo de Daniel Pereyra da axencia de deseño web Charrua, veremos como:

  1. Que é un tema de WordPress.
  2. Como buscar no repositorio de WordPress.
  3. Escoller o mellor tema para a túa páxina web.
  4. Instalación e personalización.
  5. Menús e Widgets.

Poderás entrar a partir das 20h do próximo día 1 de abril desde a seguinte ligazón: https://i.gal/talleronline

Quen é o poñente?

Quen é o poñente?