Taller online · O teu primeiro WordPress

Como deseñar as páxinas da túa web sen ter que programar

  • Nivel: iniciación
  • 15 de abril de 2020
  • De 20h a 21h
  • Libre e en directo
  • En directo por YouTube Live (acceso desde aquí)

De que imos falar?

Cuarto seminario online que organizamos desde EscolaWP, co obxectivo de compartir coñecemento e facer comunidade nunhas duras semanas de illamento por mor da crise sanitaria.

Chega a hora de dar forma, de imprimir deseño á nosa páxina web. Despois de ver como instalar e configurar WordPress, de personalizar un tema e de instalar os plugins, toca ver como se colocan os elementos básicos de todo deseño.

Unha imaxe, un texto, un título, unha galería… e un sinfín de posibilidades que o editor Gutenberg de WordPress trae por defecto.

Para deseñar a túa primeira páxina non tes que instalar nada máis!

Para falar disto temos connosco a David Viña, desenvolvedor web freelance experto en WordPress.

Poderás seguir o taller a partir das 20h do próximo día 15 de abril desde a seguinte ligazón: https://i.gal/talleronline.

Quen é o poñente?

Quen é o poñente?