Resulta que aprendiches a instalar WordPress, configuraches o tema, instalaches unha morea de plugins, deseñaches todas as páxinas e adaptáchelas legalmente.
Perfecto, xa estás a punto.
Pero a web resulta que é súper lenta… por que? Por que merezo eu isto? Pregúntaste.
Pois diso imos falar neste taller online. Por que vai tan lenta a miña web?
É problema do tema de WordPress, é problema dos plugins ou é problema dos contidos? Como optimizo o código sen rompelo todo? Como optimizo as imaxes e até que punto é fundamental facelo? Sabes o impacto que ten unha web lenta no teu usuario? Coñeces as ferramentas que nos axudan a medir o peso e o tempo de carga da páxina?
Estas e outras cuestións a respecto da optimización dunha páxina web en WordPress serán o tema principal do seminario.
O taller correrá a cargo de Anxo Sánchez, deseñador web, a partir das 20h do próximo mércores 29 de abril desde a seguinte ligazón: https://i.gal/talleronline
