Edición: nova data 20 de febreiro por cuestións de organización.
– – – –
Ter unha páxina web xa non está reservado a uns poucos privilexiados.
Grazas a moitas ferramentas libres, gratuítas e accesibles para todas e todos nós, a democratización de internet é unha realidade.
Toda persoa pode abrir e xestionar unha páxina web, que será a base fundamental de calquera proxecto personal ou profesional.
As ferramentas básicas para montar a túa páxina web sen saber programar.
Que ferramentas podes utilizar para crear a túa primeira páxina web? Que precisas para abrila ao mundo? Como escoller o necesario sen ter coñecementos previos? Cal é a terminoloxía máis utilizada e que debes saber para non perderte? Que alternativas tes para elixir e como xustificar a túa elección?
Estas e outras cuestións a respecto do que se precisa para lanzar a túa primeira páxina web serán o tema principal do seminario.
Cando e onde?
- O
mércores 19 de febreiroxoves 20 de febreiro. - No Centro Accede Papagaio – Praza Papagaio, s/n. (A Coruña)
- Grazas á colaboración do Concello da Coruña por ceder o espazo.
Con que programa?
- 20:00 – 20:40 exposición do seminario.
- 20:40 – 21:00 preguntas, coloquio e networking.
Entrada libre a toda persoa interesada.
Agradécese inscrición por cuestións de organización (hai que poñer cadeiras ;D).
– – – –
Podes descargar a presentación do seminario aquí!