Xa sabes o que é un dominio e un hosting. Xa coñeces as ferramentas que mellor se adaptan ao teu proxecto dixital e tes o total convencemento de lanzar a túa páxina web.
WordPress é a túa elección, ben feito! É, con toda probabilidad, un dos mellores amigos dos autónomos e emprendedores.
Pero… unha vez instalado comezan os problemas. As dúbidas son moitas e as opcións de configuración aínda o son máis.
O que toda persoa debería dominar para controlar ao milímetro a súa web.
Que é unha páxina e para que serve? E unha entrada? Categorías e etiquetas, cando e como as debes utilizar para non facer unha desfeita? Que tema de WordPress escollo? E que plugins? É máis… que é un plugin? Cales son os axustes fundamentais que nunca nunca (pero nunca nunca) debes esquecer?
Estas e outras cuestións a respecto do funcionamento interno de WordPress e os axustes iniciais serán o tema principal do seminario.
Cando e onde?
- O mércores día 26 de febreiro.
- No Centro Accede Papagaio – Praza Papagaio, s/n. (A Coruña)
- Grazas á colaboración do Concello da Coruña por ceder o espazo.
Con que programa?
- 20:00 – 20:40 exposición do seminario.
- 20:40 – 21:00 preguntas, coloquio e networking.
Entrada libre a toda persoa interesada.
Agradécese inscrición por cuestións de organización (hai que poñer cadeiras ;D).
– – – –
Podes descargar a presentación do seminario aquí!