Xa tes unha páxina web online. Está deseñada e quedou preciosa. Ademais está optimizada, carga rápido e no móbil parece un cohete. Séntaste e agardas a que os usuarios cheguen a desfrutar da túa creación.
Pero non chegan. Ninguén te visita e o Google Analytics non mostra ningunha tendencia positiva. E os que chegan, non mercan os teus produtos ou servizos.
Se o que ti lles ofreces é unha solución que vai impactar no seu día a día, o beneficio é obvio e até estás facendo unha rebaixa. Es o máis barato do mercado!
Unha páxina non é só un deseño bonito. As claves dunha web profesional e rendible.
Por que non consegues visitas para a túa web? Que estratexias podes seguir para obtelas? SEO ou SEM? E cando as tes, como as convertes en clientes? Sabes o que é o copywriting? E o email marketing? E un lead magnet? E unha landing page? Contas beneficios ou características técnicas do teu produto?
Estas e outras cuestións a respecto rendabilidade da túa páxina web serán o tema principal do seminario.
Cando e onde?
- O mércores día 11 de marzo.
- No Centro Accede Papagaio – Praza Papagaio, s/n. (A Coruña)
- Grazas á colaboración do Concello da Coruña por ceder o espazo.
Con que programa?
- 20:00 – 20:40 exposición do seminario.
- 20:40 – 21:00 preguntas, coloquio e networking.
Entrada libre a toda persoa interesada.
Agradécese inscrición por cuestións de organización (hai que poñer cadeiras ;D).
– – – –
Podes descargar a presentación do seminario aquí!