Botaches horas elixindo o tema máis bonito dos que atopaches, instalaches un montón de plugins que fan un mogollón de funcionalidades, subiches as mellores fotos que sacaches co iPhone…
E resulta que agora a web vai máis lenta que un caracol. Ábrela desde o ordenador e xa lle custa, pero desde o móbil é imposible.
Non tiveches en conta a optimización á hora de planificar a túa páxina web, e realmente tampouco sabes moi ben por onde comezar a corrixir.
¿Por qué a miña páxina é lenta? Os 5 consellos para ter unha web optimizada
Por que vai tan lenta a miña web? É problema do tema de WordPress, é problema dos plugins ou é problema dos contidos? Como optimizo o código sen rompelo todo? Como optimizo as imaxes e até que punto é fundamental facelo? Sabes o impacto que ten unha web lenta no teu usuario? Coñeces as ferramentas que nos axudan a medir o peso e o tempo de carga da páxina?
Estas e outras cuestións a respecto da optimización dunha páxina web en WordPress serán o tema principal do seminario.
Cando e onde?
- O mércores día 4 de marzo.
- No Centro Accede Papagaio – Praza Papagaio, s/n. (A Coruña)
- Grazas á colaboración do Concello da Coruña por ceder o espazo.
Con que programa?
- 20:00 – 20:40 exposición do seminario.
- 20:40 – 21:00 preguntas, coloquio e networking.
Entrada libre a toda persoa interesada.
Agradécese inscrición por cuestións de organización (hai que poñer cadeiras ;D).
– – – –
Podes descargar a presentación do seminario aquí!